
Empecei nisto da hostalería un pouco por casualidade, o meu amigo e compañeiro na asociación Alejandro Méndez abriu o seu restaurante Os Cachivaches e necesitaba axuda en momentos puntuais e decidinme a dar o paso e empezar a tomarme a cociña como unha forma de vida.
Durante os anos que traballamos xuntos conseguimos numerosos recoñecementos e premios entre os que cabe destacar os concursos de tapas autonómicos e provinciais e os 2 pratos de ouro.
Continuei o meu camiño como xefe de cociña en Casa Paco onde unha vez o negocio estaba rodado decidín volver ás orixes, Os Cachivaches, antes de dar o salto a Madrid, é alí onde adquirín unha importante experiencia en eventos de todo tipo e no manexo das brasas.
Recentemente regresei ao meu Galicia natal para incorporarme como Chef ejecutivo en Noa Boutique Hotel.
Actualmente son Xefe de cociña en Grupo Montesqueiro.