Cachivaches é o soño de dous irmáns que empezaron a súa aventura en 2010.
Cachivaches por definición é un traste vello, con pouco orzamento e moitas ganas decidímonos e empezamos a nosa andaina, aos 5 anos o local quedóusenos pequeno e decidimos dar un pasito máis e situarnos onde nos atopamos.
Obtivemos distintos recoñecementos e premios (concursos de tapas), criticas moi positivas en distintitos medios e a última no 2020 recomendados na Guía Michelín.
Todo o proxecto non sería posible sen a axuda dos nosos pais, parellas, empregados, clientes, provedores e amigos, grazas a eles seguimos nesta viaxe sen perder un chisco de ilusión.
Alejandro formouse no IES Sanxillao compaxinando o seu crecemento en diversos restaurantes da provincia. Nesa etapa resultou campión galego de cociña (2005) xunto a Pablo Vila, compañeiro desta asociación. Seguiu o seu camiño na escola de Luís Irizar en Donosti realizando a súa practicas en Subitjana (3 estrelas Michelin), Miradoiro de Uria, Alameda, Zuberoa (todos eles con estrelas Michelin).
Terminada a súa formación, traballo en KoKotxa, o recoñecido Arzak e diversos restaurantes españois.
Ao volver a Lugo e coincidir co seu irmán empezaron a crear Vos Cachivaches.
Arroces, mariscos e peixes.