Desde ben pequeno, descubrín a vocación da cociña entre os fogóns do restaurante coa miña nai.
Formeime na escola de hostalería de Lugo e fixen stage en varios restaurantes como:
Akelarre de Pedro Subijana (San Sebastián)
Via Veneto (Barcelona)
Hotel Porta do Camiño (Santiago de Compostela)
As Tinajas (Selecta)
Facenda dos Morais (México DF)
No 2006 incorporeime á empresa familiar, xa como xefe de cociña do Restaurante Mesón de Alberto e no 2008 tomei as rendas da cociña de eventos.
Mesón de Alberto
Restaurante familiar, fundado en 1975, e que na actualidade rexenta a segunda xeración. Desde os seus inicios mantén a filosofía da cociña galega baseada no produto e nun trato personalizado.
No 2014, os dous irmáns crearon Eventos Meson de Alberto incorporando a oferta dun Pazo en Viveiro e unha Leira en Mondoñedo para a celebración de eventos.
Actualmente: restaurante propio Alberto.2 en Lugo.