Despois de traballar como axudante de cociña nun par de restaurantes do pobo, decido formarme na profesión e curso estudos de gastronomía e restauración na veciña Tapia de Casariego. A continuación traballo un ano como xefa de cociña no sector de colectividades, unha residencia de maiores con 150 prazas. Con todo, unha cociña con encanto como é a do Oviedo, namórame e, por tanto, aquí quédome. Confío no movemento e o coñecemento como evolución. Traballo co rigor dos clásicos, pero manteño o espírito glotón do que ambiciona sabores novos. O que me importa como cociñeira é a suculencia, e como profesional a felicidade dos que á miña mesa sentan.
O Oviedo
Chegamos nós fai nove anos a un dos restaurantes con maior soleira de Ribadeo e puxémonos a traballar con fogóns novos no difícil obxectivo de achegar ao pobo unha gastronomía que non había, e aquí seguimos neste labor. Unha pequena mostra do recoñecemento cara ao noso traballo son os premios conseguidos nos concursos participados.
O Oviedo somos un pequeno restaurante no que tentamos sorprender e ilusionar coidando a cociña tradicional e buscando novas propostas. Traballamos con produtores locais que nos ofrecen materias primas de tempada e de primeira calidade.Estamos orgullosos das nosas orixes aínda que non perdemos oportunidade de modificar texturas e presentacións para ofrecer pratos atractivos e especiais para os nosos clientes.
Cocina tradicional buscando novas propostas.
Materias primas de tempada e de primeira calidade.