Nardo_eiroa
Restaurante

Canedo Brasería

Bio

Nacemos en 2009 coa inquietude de aumentar a oferta gastronómica lucense, e aos poucos moitas doses de ilusión e traballo situámonos nun referente local e autonómico de elaboracións en brasa. Cun esmerado servizo en sala.

Sendo xa a terceira xeración dentro da restauración, teño practicamente toda a miña vida dedicada á humilde arte de facer gozar ao público á hora de sentar a unha mesa.

Con esa ilusión acéndense os fogóns en Canedo todas as mañás e esperamos seguir así durante moito tempo. Grazas a todo o equipo, socio, provedores, clientes e sobre todo á familia, fainos o día a día moito máis ilusionante.

Especialidades

Peixes das nosas Rías en brasa e carnes vermellas de alta calidade.