
En 2002 inaugúrase Lugar de Pascuais como restaurante á carta e hospedería rural.
No 2015 ábrese Bulló Xantar e aos dous anos remodélase Lugar de Pascuais (en sociedade con Iñaki Bretal) aumentando a súa capacidade e con posibilidade de realizar eventos de ata 300 persoas.
Posteriormente no 2019 e con esta mesma sociedade reábrese o restaurante Anda no centro de Lugo.
Cando termino os meus estudos de bacharelato comezo a miña formación en hostalería durante 5 anos primeiro no CSHG e posteriormente na escola de hostalería de San Xillao.
Neste período de tempo compaxino diferentes traballos en restaurantes da zona.
Con 24 anos abro o meu primeiro restaurante (Lugar de Pascuais) en Outeiro de Rei.
Pasados 13 anos, abro o Bulló Xantar na rúa da Cruz en Lugo.
Despois asóciome co meu amigo e cociñeiro Iñaki Bretal para reabrir Pascuais e convertelo en salón de banquetes.
Tamén abrimos o restaurante Anda na rúa da Cruz, un dos restaurantes máis antigos da cidade de Lugo.
Entre tanto formo parte do grupo de cociñeiros de Galician Groumet extravaganza promocionando a gastronomía galega por diferentes cidades de Europa.
Bulló Xantar: cociña de mercado e de proximidade.
Anda: peixes e carnes á brasa.
Pascuais Eventos: banquetes e celebracións.