pablo_vila
Ubicación

Oca Hotels, Director de Alimentos y Bebidas.

Tras cursar o ciclo medio de Cociña no IES Sanxillao en Lugo, entro en contacto coa cociña profesional nos Restaurantes La Oca e a Barra en Lugo. Neses momentos é cando decido seguir formándome motivado pola idea de mellora continua. Entro no ciclo medio de Restaurante e Bar, e curso posteriormente o Ciclo Superior de Restauración. Momento no que participo e gaño o concurso de Novos Cociñeiros en Formación xunto con Alejandro Méndez (Restaurante Cachivaches).

Outro paso importante é a miña marcha a Santiago de Compostela para traballar en Toñi Vicente. Despois de case dous anos, entro en contacto por primeira vez coa cociña dun hotel, concretamente o AC Palacio del Carmen, onde descubro outra maneira de facer as cousas.

Xórdeme posteriormente a posibilidade de entrar a traballar no Hotel Oca Porta do Camiño como Cociñeiro. Encontro aí o meu sitio, onde chego a Xefe de Cociña para pasar catro anos despois a Responsable de Alimentos e Bebidas da cadea Oca Hotels.

O grupo Oca Hoteis nace no ano 1998, coa aspiración de converterse nunha organización líder na xestión sostible e responsable de establecementos turísticos, no noroeste peninsular.

A día de hoxe temos hoteis nas catro provincias da comunidade de Galicia, en Asturias e Castela e León. A nivel internacional a liña está presente en Brasil e proximamente en Portugal.

Especialidades

Cociña de alta gama cun tándem de profesionais de gran nivel que se encargan de unir produtos de mercado cun esmerado servizo de sala.

Grandes comidas de empresa (1800 comensais), celebracións como vodas, convencións ou menús deportivos.