
Silvia Rodríguez ( Core) aprende o oficio da man do seu pai, desde moi pequena.
Continúa a súa formación realizando diversos cursos de pastelería e chocolate, en Galicia, Barcelona e Madrid.
Pastelería Cabaleiros
Fundada en 1980 por Isidro Rodríguez ( Core), formado polo mestre pasteleiro D. Máximo, moi recoñecido na zona. Completa a súa formación en Madrid antes de abrir a súa propia pastelería.
Obradoiro artesán de pastelería, onde se elaboran produtos de maneira artesanal, desde a masa de hojaldre á crema pasteleira, mesmo o seu propio cabelo de anxo ou figos confeitados.
Actualmente aúna a pastelería tradicional coa pastelería creativa ou máis moderna, pero sen perder a súa esencia.
Milhojas, Brazo de Xitano, Roscas, Roscón de Reis.