(Alex Méndez, Restaurante Cachivaches )
As últimas lampreas, serán as primeiras… no teu padal?
Últimas rabexadas da tempada deste peixe prehistórico do que Alex Méndez do Restaurante Cachivaches tráenos a seguinte receita:
LAMPREA Á BORDALESA
Ingredientes:
2 lampreas
2 cebolas
1 cabeza de allo
Perexil
Viño tinto 1 botella 75 cl
Pementa
6 tostas pan
Imos alá, a cociñar:
Corta as cebolas á xuliana, parte pola metade a cabeza de allo e á cazola, a rehogar con perexil, un pouco de aceite e sal.
Engade as lampreas cortadas en anacos de 5 cm.
Pasados 5 minutos, engade o viño tinto e déixao reducir 15 minutos.
A continuación engade o sangue da propia lamprea, cobre coas tostas de pan e déixao cociñar a lume lento unha hora e media. Retira a lamprea e tritura a salsa.
E agora, ao prato:
Para montar o prato, coloca no centro arroz branco cun toque de perexil, rodeado de tres anacos de lamprea bañados na salsa acompañada de pan frito.
E a comer, bo proveito!