michel_cocina
Bio

25 anos adicados ao mundo da cociña no Cantábrico e máis concretamente na Mariña Lucense tanto en restaurantes como en hotéis.

Empezo a miña andadura profesional en Burela, na Zaranda, paso por restaurantes da zona como o Nito, Boavista, Castelo, O Muro…

Tamén tiven unha estadía no Ortegal, onde pasei 13 anos, alí adentreime no mundo dos banquetes e logo en pequenos restaurantes da comarca, alí é onde monto o meu propio restaurante, o Club Náutico de Ortigueira.

Despois de pasar polo hotel Atlantis Palace de Fuerteventura, e un stage no restaurante con Estrella Michelin Silabario en Tui, retorno a mariña donde estiven no Restaurante Casa Miranda, en Burela, onde me especialicei en produtos do mar á brasa así como en impartir cursos a diversas asociacións, sempre levando o mellor producto do mar e tratandoo da mellor forma posible.

 

Actualmente: Restaurante Fumeiro, en Viveiro (Lugo)